Estás aquí“Quiero ser tortilla”: Soberanía alimentar e agrocombustíbeis en animación stop motion
“Quiero ser tortilla”: Soberanía alimentar e agrocombustíbeis en animación stop motion
“Panocha é unha mazaroca de millo mexicana que vive feliz cun labrego e o seu porco. A descoberta da súa identidade transxénica será o comezo dunha serie de desafortunados acontecimentos con cosecuencias funestas para todos. Aceitará Panocha submisa o seu programado destino?” Esta é a sinopse de “Quiero ser tortilla”, unha curtametraxe de animación stop motion a partir de materiais de refugallo e obxectos cotidianos producida por Citoplasmas a iniciativa de VSF.
“Quiero ser tortilla” aborda o conflito surxido entre a produción de agrocombustíbeis e alimentos, un conflito que ten como contexto un modelo de producción, o agroindustrial, orientado á exportación, intensivo en agrotóxicos, baseado en transxénicos… cun único obxectivo: o lucro. Unha das expresións deste conflito foi a “crise da tortilla” mexicana de comezos de 2007.
“Quiero ser tortilla” ficou finalista do III Festival internacional de Curtametraxes Actúa, organizado por Intermón-Oxfam.










