Estás aquíDe flores e raíces

De flores e raíces


A desigualdade e a inxustiza adoptan moitas formas, ás veces, o sen sentido do capitalismo até lles dá a forma dunha rosa vermella. As raíces dalgunhas flores son moi profundas, do talo crávanse no chan baixo os nosos pés e de aí seguen a crecer, atravesan o Atlántico a grande velocidade e se deteñen na sabana de Bogotá. Alí, baixo plásticos para manter a calor da desesperación humana, nútrense de machismo, de fumigacións, de acosos, de inxustiza, de pobreza, de fame, de enfermidades, de traballos sen dereitos, de xornadas onde o reloxo se garda no peto do propietario e non sae de aí até que el decida, de salarios que apenas permiten comprar un pouco de ar, enfermo, onde respirar, de cidades lixo onde se malvive, de familias esmiuzadas como os solos agrarios baixo os seus pés inchados.

Esas rosas vermellas do capitalismo circulan libres polo seu hábitat natural: o mercado. Son cortadas, empoadas, empaquetadas, refrixeradas e en avións primeira clase chegan ás nosas mans. Entón convértense nun agasallo, nun “quérote” nun “parabéns” nun “para ti”. Pero iso é apenas a flor e o seu talo. As raíces están en Colombia ou en Kenia ou en Ecuador ou en tantos sitios que como boas raíces, permanecen ocultos.

Os polos son un símbolo. As rosas son un símbolo. Temos moitos símbolos pero unha soa solución: a soberanía alimentar. Infórmate e loita.

É A HORA DA SOBERANÍA ALIMENTAR

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.